Educación Infantil: de 2 a 5 anos
- Prestamos especial atención ao período de adaptación, aos ritos e rutinas da vida cotiá (aseo, descanso, xantar), ao desenvolvemento emocional e social.
- Progresiva utilización da lingua escrita e da lingua matemática.
- Clases con profesores especialistas: música, inglés e baile tradicional.
- Todo o profesorado, titores e de apoio, posúe diplomatura ou licenciatura universitaria, especialistas en EI.
- Aulas especialmente deseñadas para xogar e investigar.
- Aulas especiais de música, inglés e baile tradicional.
- Respecto pola lingua materna, galega ou castelá, introdución ao inglés dende os 2 anos, diariamente, en situacións cotiás e de xogo.
Enfoque constructivista
- Pequenos proxectos en torno a situacións actuais, xunto cos intereses dos alumnos/as.
- Obradoiros de preparación de festas, cociña, construcións con material de refugallo, ciencias da vida cotiá, actividades artísticas.
- Recuncho de xogos, xogos de xardín, horto e charca.
- Saídas á nosa contorna, natural e urbana, estancias e visitas á Granxa de Barreiros, visitas ao museo e exposicións, asistencia a espectáculos infantís (teatro, títeres, contacontos, concertos didácticos...).
- Obradoiros heteroxéneos formados por nenos/as e profesores de Infantil e Primaria, que permiten cambiar de etapa dun xeito armónico, con confianza e seguridade.
- Xornada escolar completa, de mañá e tarde, ou media xornada de mañá para 2 anos.
- Participación das familias en diversos proxectos, así como reunións periódicas de nais/pais, entrevistas individuais, informes, etc. coordinadas pola psicóloga do centro.