Xornada escolar completa de mañá e mediodía, e tarde dos luns.
O Colexio FINGOI, convértese dende o curso 1999-2000 no primeiro Centro Privado de Galicia que imparte todas as modalidades de Bacharelato, que actualmente comprenden:
- Ciencias e Tecnoloxía
- Artes
- Humanidades e Ciencias Sociais
- Xeral
- Reforzo académico e apoio individualizado.
- Titorías individualizadas e de orientación, para a toma de decisións vocacional e profesional.
- Clases de Reforzo Pedagóxico, incluídas no prezo, voluntarias e fóra do horario lectivo, como atención complementaria para aqueles alumnos/as que o necesiten en calquera momento da súa traxectoria escolar.
- Diversidade de oferta en materias optativas: Francés, Debuxo Técnico, Cultura Audiovisual, Métodos Estadísticos, Xeografía e Historia de Galicia,TICs, etc.
Temos ampla experiencia na preparación específica, teórica e académica para as Probas de Acceso á Universidade, obtendo un resultado do 100% de aprobados na selectividade, permitindo o acceso directo a calquera facultade universitaria.
Selectividade
Ao longo de moitos anos consecutivos, o alumnado de 2º BAC acada o 100% de aprobados na Selectividade, con óptimos resultados.
As notas obtidas en Selectividade permítenlles elexir carreira e superar os estudos posteriores con éxito ao ter adquiridos amplos coñecementos básicos, e uns hábitos de estudo, de tratamento da información e de investigación que facilitan a integración nos centros superiores e universidades e o éxito nos seus futuros resultados.