Educación Infantil

Educación Infantil:

  • Prestamos especial atención ao período de adaptación, aos ritos e rutinas da vida cotiá (aseo, descanso, xantar), ao desenvolvemento emocional e social.
  • Progresiva utilización da lingua escrita e da lingua matemática.
  • Clases con profesores especialistas: música, inglés e baile tradicional.
  • Todo o profesorado, titores e de apoio, posúe diplomatura ou licenciatura universitaria, especialistas en EI.
  • Aulas especialmente deseñadas para xogar e investigar.
  • Aulas especiais de música, inglés e baile tradicional.
  • Respecto pola lingua materna, galega ou castelá, introdución ao inglés, diariamente, en situacións cotiás e de xogo.

 


Enfoque constructivista

- Pequenos proxectos en torno a situacións actuais, xunto cos intereses dos alumnos/as.
- Obradoiros de preparación de festas, cociña, construcións con material de refugallo, ciencias da vida cotiá, actividades artísticas.
- Recuncho de xogos, xogos de xardín, horto e charca.
- Saídas á nosa contorna, natural e urbana, visitas ao museo e exposicións, asistencia a espectáculos infantís (teatro, títeres, contacontos, concertos didácticos...).
- Obradoiros heteroxéneos formados por nenos/as e profesores de Infantil e Primaria, que permiten cambiar de etapa dun xeito armónico, con confianza e seguridade.
- Xornada escolar completa, de mañá e tarde, ou media xornada de mañá.
- Participación das familias en diversos proxectos, así como reunións periódicas de nais/pais, entrevistas individuais, informes, etc. coordinadas pola psicóloga do centro.

 

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, 27002 Lugo  - secretaria@fingoi.com

Tel: 982 221 630 - 982 284 094

(9:00 a 16:00 h)