Educación Primaria, de 6 a 12 anos
Xornada escolar completa de mañá e tarde.
Ademais de ter en conta o programa oficial, no Colexio Fingoi amplíase o horario con 10 horas lectivas máis, o que permite abordar outros contidos educativos, dando un especial interese a favorecer situacións de expresión e comunicación:
- Inglés obrigatorio como lingua estranxeira, castelán e galego.
- Máis horas de Música (coro e música tradicional galega: baile tradicional e instrumentos populares), Plástica, Dramatización e Ioga para nenos, dentro do horario lectivo, obrigatorias e impartidas por profesores especialistas.
- Unha hora de titoría para o alumnado de todos os niveis de EP.
- Uso habitual de recursos audiovisuais e ordenador da aula por parte do profesor.
Favorecemos a aprendizaxe activa e cooperativa coa metodoloxía baseada en:
- Pequenos Proxectos Globalizados, a partir dos intereses dos/das alumnos/as e dos acontecementos da contorna.
- Obradoiros flexibles, internivelares e rotativos de matemáticas, escritura creativa, proxectos solidarios, etc.
- Horto Escolar e Estación Metereolóxica, obradoiro de educación ambiental.
- Estancias de Educación Ambiental na Granxa de Barreiros.
- Saídas á contorna próxima, para a toma de contacto con institucións e profesionais de servizos, (limpeza, correos, transportes, sanidade, exposicións, concertos, teatro...).
- Festas Escolares.
- Viaxes de estudos.
Reunións periódicas de nais e pais, entrevistas individuais, informes e charlas.