Xornada escolar completa de mañá e tarde.
Ademáis de termos en conta o programa oficial, no Colexio Fingoi en ESO amplíase o horario con 3 horas lectivas máis, o que permite un aumento dos contidos educativos oficiais, distribuídos do seguinte xeito:
- Reforzo das linguas estranxeiras: Inglés; completamos a ensinanza do Inglés dentro da aula con programas de Inmersión Lingüística en Irlanda (alumnos dende 1º E.S.O.).
- Francés en 1º e 2º ESO, obrigatorio para todos, e pasa a ser optativo a partir de 3º ESO.
- Intercambios Escolares no estranxeiro con centros de outros países europeos.
- Conversa en grupo en distintos idiomas.
- Obradoiros e agrupamentos flexibles.
- Obradoiro de Escritura Creativa e Expresión Escrita.
- Reforzos académicos e apoio individualizado.
- Clases de Reforzo Pedagóxico, fóra do horario lectivo, como atención complementaria para aqueles alumnos/as que o necesiten en calquera momento da súa traxectoria escolar.
- Diversidade de oferta en materias optativas: Francés, TICs, Imaxe e Son e Cultura Clásica.
- Un titor/a por cada 25 alumnos/as, asistido por psicóloga e orientadora.
- Programas de Técnicas de Estudo, con orientación e supervisión para o traballo individual de cada alumno/a da ESO.
- En 4º ESO inícianse titorías individualizadas e de orientación, para a toma de decisións vocacionais e profesionais.
- Reunións periódicas de nais e pais.