¿En qué consisten unhas Xornadas de Portas Abertas?

 

Os próximos días 24, 25 e 26 de xaneiro o Colexio Fingoi organiza unha Xornada de Portas Abertas de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato.


As familias interesadas en coñecer a nosa oferta educativa e o funcionamento diario das clases percorrerán o Centro acompañados de membros do noso Equipo Educativo.
Os/as pais/nais interesados/as en asistir poden realizar unha inscrición para esta Xornada no teléfono 982 221 630 ou enviar un mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 

Nas Xornadas de Portas Abertas de Educación Infantil,

os asistentes teñen a oportunidade de percorrer as aulas de 2, 3, 4 e 5 anos para coñecer as actividades habituais que desenvolven os nenos e nenas durante a súa xornada escolar..
Ademais, as nais e pais reciben unha explicación dos materiais empregados, a adecuación das instalacións ás necesidades dos pequenos e o proceso de ensino-aprendizaxe seguida.

As rutinas da vida cotiá, a atención e satisfacción das necesidades básicas, o xogo, a educación ambiental, a iniciación progresiva á linguaxe oral e escrito, o emprego do galego, castelán e inglés como idiomas vehiculares… son algunhas das características que se poderán coñecer durante o percorrido.

 A visita termina percorrendo tamén algunhas aulas de Educación Primaria para así valorar a continuidade e coordinación pedagóxica seguida no Centro, as instalacións comúns e as estratexias que empregamos para que os seus fillos e fillas superen os cambios e adáptense ás novas situacións.

 

Nas Xornadas de Portas Abertas de EP,

os/as pais/nais percorrerán, acompañados de membros do Equipo Educativo, as aulas de Primaria para observar directamente onde e como aprenden os/as nenos/nenas nunha xornada escolar habitual. Desta forma, coñecerán a nosa metodoloxía, as aulas específicas para cada área e poderanse valorar as posibilidades de aprendizaxe que ofrecemos.
 
Ademais, na visita mostrarase como se aprende sen libros de texto comerciais, como se comparten materiais comúns, como se aprende a partir da experimentación e respéctanse as diferenzas individuais e diferentes capacidades.

 

Nas Xornadas de Portas Abertas de ESO / BAC,

As persoas que desexen coñecer o funcionamento das aulas e a oferta educativa e académica que ofrecemos na Educación Secundaria Obrigatoria e Postobrigatoria percorrerán o Centro, en compañía de membros do Equipo Educativo. Visitaremos as aulas específicas que diariamente emprega o alumnado e teremos ocasión de observar o funcionamento diario desas clases, a maneira en que se abordan os contidos e os materiais cos que investigan os alumnos.

Unha das notas características do Centro son os Estudos Asistidos e sesións de Reforzo Pedagóxico, impartidas polos seus propios profesores, que facilitan aos alumnos estar ao día en cada unha das materias, recibindo unha atención especial nas súas dificultades de aprendizaxe e un apoio para ir desenvolvendo hábitos de estudo e de traballo.

Temos todas as modalidades de Bacharelato (Ciencias e Tecnoloxía, Artes, Humanidades e Ciencias Sociais, Xeral) e unha ampla gama de optativas en E.S.O. que facilitan unha preparación básica para abordar os contidos de cada un deles. Os alumnos de Secundaria e Bacharelato contan coa posibilidade de ampliar os seus coñecementos de galego, castelán, inglés e francés. 


A estas Charlas asistirán representantes do profesorado, ademais de membros do Equipo Directivo, contestando as súas preguntas e dando unha breve explicación sobre a metodoloxía empregada, o funcionamento das titorías, os niveis conseguidos na Selectividade, a preparación coa que finalizan os estudos os nosos alumnos, podendo optar por seguir os seus estudos tendo en conta os seus gustos e capacidades.

 

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, 27002 Lugo  - secretaria@fingoi.com

Tel: 982 221 630 - 982 284 094

(9:00 a 16:00 h)