QUÉ INCLÚE O PREZO

OS NOSOS PREZOS

O PREZO DA ENSINANZA INCLÚE:

Un AMPLO EQUIPO DE PROFESORES tanto XENERALISTAS como ESPECIALISTAS, altamente cualificado, titulado e comprometido co proxecto.

Contamos cun número reducido de alumnos por aula, co fin de atender adecuadamente o pleno desenvolvemento das diferentes características e capacidades de cada un deles.

As nosas aulas están organizadas por materias/áreas, con todo o material específico e necesario, para un harmónico desenvolvemento das diversas actividades e/ou proxectos.

 

a) DENTRO DO NOSO HORARIO ESCOLAR

Contamos con máis horas das establecidas no horario oficial.

Non facemos unha división entre actividades lectivas e complementarias, estas están estreitamente ligadas ao traballo que se realiza en clase e son cotiás e habituais.

 

Común a todas as etapas educativas:

  • Inglés obrigatorio desde os 2 anos a 2º BAC;
  • DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN, SERVIZO PSICOPEDAGÓXICO E ACCIÓN TUTORIAL: coordinado por especialistas en psicoloxía, titores e profesores de apoio psicopedagóxico.
  • Os propios profesores e titores do Centro atenden espazos comúns, tamén considerados espazos educativos como o comedor, patios, corredores, biblioteca, etc.
  • Experiencias globalizadoras: festas escolares, semanas culturais, charlas, mesas redondas, etc.
  • Viaxes e saídas de estudo de 1 día.
  • Almorzo de media mañá atendido polos propios profesores.
  • Seguros Escolares. Responsabilidade civil e de accidentes. Asistencia médica.

 

Infantil (de 2 a 5 anos)

Todo o profesorado de Educación Infantil son titulados e especialistas no ciclo de 0 a 3 e no de 3 a 5 anos. Temos CATRO titoras e profesoras de apoio de aula, especialista en Inglés, especialista en Educación Musical temperá de 2 a 5 anos e especialista en baile tradicional (4, 5 anos).

E. Primaria, ESO y BAC

  • Francés obrigatorio en 1º ESO e 2º ESO, e optativo de 3º ESO a 2º BAC.
  • Neste centro dámoslle especial importancia á Educación Artística, á Educación Científica e Tecnolóxica: Horta e estación meteorolóxica, Aula-Taller de Tecnoloxía, Laboratorios de Ciencias Naturais, Física e Química.

En EP: Profesores especialistas: en Artes Escénicas, Coro, Música, Música Tradicional, Educación Plástica e Visual.

En ESO/BAC: Profesores especialistas:

  • Educación Artística e Audiovisual e da Información e Comunicación: profesores de Música, Plástica, Comunicación Audiovisual (TIC’s, Prensa e Radio, Deseño e Imaxe); talleres de Expresión Oral e Escrita.
  • Educación Científica e Tecnológica: Tecnoloxía e TIC´s (desde 2º ESO a 2º BAC), Obradoiros de Ciencias.
  • Ampla optatividade en 3º e 4º ESO e BAC, con todas as modalidades de bacharelato.

 

b) FÓRA do horario escolar (totalmente gratuíto).

  • As merendas para os que asisten ás actividades extraescolares, atendidos polos propios profesores.
  • Clases de de reforzo pedagóxico ESO a BAC, (en 5º, 6º EP cando o requira o Departamento de Orientación).

 

Otros Servicios educativos NO incluidos en el precio:

  • COMEDOR: cociña propia, xestionada polo Colexio Fingoi. Os menús elabóranse no propio centro con dietas equilibradas, produtos sans, naturais, moitos deles procedentes da nosa granxa ecolóxica, a Granxa de Barreiros (Sarria). Os alumnos son atendidos polo persoal de cociña do colexio e o persoal docente.
  • MATERIAL ESCOLAR de uso diario na aula: fotocopias, cadernos, carpetas, material funxible (lapis, bolígrafos, rotuladores, folios), bibliotecas de aula e biblioteca de alumnos, material audiovisual, informático, … é dicir, todo o que o alumnado necesita para o desenvolvemento da actividade escolar.
  • VIAXES DE ESTUDIO DE MÁIS DE 1 DÍA, ininterrumpidamente desde 5º EP a 2º BAC, Inmersión Lingüística en Irlanda (1º, 2º ESO), Intercambios con centros estranxeiros, etc.

 

Ensiñanza EXTRAESCOLAR (optativa)

Ao inicio de curso preséntase o programa da ensinanza extraescolar.

 

Formalización del pago

  • Os prezos establecidos pasaranse en 10 mensualidades de setembro a xuño.
  • Pagarase mes adiantado a través de domiciliación bancaria.
  • As familias con 2, 3 ou máis fillos/as inscritos: descontarase directamente o porcentaxe correspondente no concepto de ensinanza.
  • Petición de baixa: deberá comunicarse só en Secretaría antes do día 30 de cada mes. Do contrario a baixa non terá efecto para o mes seguinte, debéndose abonar o importe íntegro de dito mes.

Formalización de matrícula

O abono da matrícula é imprescindible en concepto de reserva de praza e sen proceder á súa devolución.

 

Colexio Fingoi, Aviación Española nº 37, 27002 Lugo  - secretaria@fingoi.com

Tel: 982 221 630 - 982 284 094

(9:00 a 16:00 h)