Colexio privado en Lugo con máis de 75 anos de experiencia educativa.
fondo naturaleza fingoi
Fondo Fingoi

Colexio FINGOI

Unha educación para a vida

Defendemos a educación por proxectos a través dos ciclos da natureza e da cultura máis próxima, apostando por un modelo laico e constructivista que fomenta a curiosidade e o espírito crítico.

Colexio Fingoi
Colexio FINGOI asterisco amarillo
Fingoi 75 años
fondo naturaleza fingoi
Fondo Fingoi

Anunciamos un novo Verán Fingoi!

Campamento Urbano

Do 22 de xuño ao 10 de xullo.

Este ano a temática será “Viaxe polo Universo”, unha experiencia única pensada para que os nenos e neas de 3 a 12 anos exploren, aprendan e se divirtan descubrindo os misterios do espazo.
Campamento Urbano Fingoi
Colexio FINGOI asterisco amarillo
fondo naturaleza fingoi
Fondo Fingoi

Xornada de Portas Abertas

26 de febreiro - 17:15h

Achégate á Xornada de Portas Abertas o 26 de febreiro ás 17:15 da tarde para coñecer o noso centro, o noso profesorado e o noso proxecto educativo de:

Esperámoste para resolver todas as túas dúbidas e mostrarche todo o que podemos ofrecerche!

Xornada de Porta Abertas 2026 Colexio Fingoi
Colexio FINGOI asterisco amarillo
fondo naturaleza fingoi
Fondo Fingoi

Colexio FINGOI

Unha educación para a vida

Defendemos a educación por proxectos a través dos ciclos da natureza e da cultura máis próxima, apostando por un modelo laico e construtivista que fomenta a curiosidade e o espírito crítico.

Colexio Fingoi
Colexio FINGOI asterisco amarillo
Fingoi 75 años

O Colexio Fingoi presenta a 13ª edición do seu festival grecorromano: Fingoi Augusti

O próximo xoves 12 de xuño ás 18:00 h, o Colexio Fingoi celebrará a XIII edición do festival Fingoi Augusti, unha cita xa emblemática dedicada ao mundo grecorromano. Este ano, o evento xirará arredor dunha adaptación teatral propia da Odisea de Homero, titulada A Fingodisea, na que participa todo o alumnado, desde Infantil ata 1º de Bacharelato, nun proxecto multidisciplinar que reflicte a filosofía pedagóxica do centro.

A representación servirá tamén como acto de peche do curso e xornada de portas abertas, aberta a familias e á cidadanía interesada en coñecer o colexio.

Coincidindo co comezo do Arde Lucus, a Fingodisea propónse como un plan perfecto para iniciar unha fin de semana chea de historia, cultura e emoción.

El Colegio Fingoi celebra su XIII Fingoi Augusti con La Fingodisea, una adaptación de la Odisea de Homero que reúne a todo el alumnado.

Que diferencia a FINGOI ?

Persoas felices e construtivas

Constituímos un espazo seguro e respectuoso que aposta por unha educación para a vida, unha formación que atende a todos os aspectos da personalidade do alumnado, co fin de conseguir… persoas felices e construtivas.

Buscamos o descubrimento e desenvolvemento pleno das capacidades individuais, respectando sempre as habilidades de cada persoa, así como as súas diferentes maneiras de aprender, entender e achegarse ao mundo.

Educación Primaria Colexio Fingoi Lugo
Sol Colexio Fingoi Icono
Colexio FINGOI asterisco amarillo

Modelo pedagóxico propio​

Unha educación laica, sen libros de textos e cunha metodoloxía propia. Unha formación que se entende coma un proceso global e integral, onde non soamente é o desenvolvemento intelectual do alumnado o que importa, senón tamén o crecemento emocional e social. Xunto ás familias, somos os seus acompañantes en cada etapa da vida escolar.

Infantil Colexio Fingoi

Infantil

Adquirindo valores, hábitos e autonomía atendendo o período de adaptación, aos ritmos e rutinas da vida cotiá e ao desenvolvemento emocional e social.

Primaria Colexio Fingoi

Primaria

Partindo dos intereses do alumnado e da natureza como eixo central conxugamos a aprendizaxe activa e o traballo cooperativo en todas as dimensións educativas.

Secundaria Colexio Fingoi

Secundaria

Priorizamos o método científico e adecuámonos a cada un dos Departamentos Didácticos afianzando as bases académicas e sociais durante a adolescencia.

Bachiller Colexio Fingoi

Bacharelato

Preparación específica, teórica e académica para as probas de acceso á universidade, obtendo o 100% de aprobados na Selectividade, agora coñecida como PAU.

FP Colexio Fingoi

Formación profesional

Ofrecemos formación profesional para obter o Ciclo Superior en Educación Infantil ou o Ciclo Medio de Xestión Administrativa mediante unha metodoloxía construtivista.

Aulas Colexio Fingoi
icon asterisco purpura

Un equipo motivado e dinámico

Profesorado especializado e formado específicamente na metodoloxía de Fingoi. Todo o mundo (dirección, claustro, acción tutorial, departamento de orientación, equipo non docente – comedor, cociña, secretaría, portería, limpeza -) está implicado no modelo pedagóxico do centro, entendendo todos os espazos, didácticos e de convivencia, coma espazos de aprendizaxe.

Os nosos espazos

Instalacións especialmente deseñadas segundo a idade e necesidades do alumnado. 15.000 m2 de espazos abertos (hortas, bosque, xardíns…) e varios edificios con aulas temáticas ambientadas e repletas de material específico para cada materia.

Jardines Colexio Fingoi
Espiral Colexio Fingoi Icono
Colexio FINGOI asterisco amarillo

Que din de nós?

Contacto
Contacta con Fingoi

Se tes algunha pregunta sobre o colexio ou queres concertar unha visita ás nosas instalacións, por favor, contacta connosco utilizando o seguinte formulario e un membro do equipo de admisións responderache.

Asterisco Azul
Colexio FINGOI
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións talles como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.