Colexio privado en Lugo con máis de 75 anos de experiencia educativa.
Fondo Fingoi

Servizos

Ademais dos nosos servizos académicos e escolares, contamos cun extenso programa de extraescolares e de actividades e sesións de apoio académico e de axuda á conciliación familiar.

Departamento de Orientación

A psicóloga do centro apoia e asesora ás familias para unha optimización da educación personalizada. Ademais, en colaboración co profesorado e o Departamento de Acción Titorial, coordina un traballo sistemático de titorización e de adaptación curricular para cada estudante con necesidades educativas especiais (TEA, altas capacidades, TDA, TDH etc.), facendo un seguimento individual exhaustivo de maneira constante.

Conversación Colexio Fingoi Icono
Aulas Colexio Fingoi
Asterisco Azul

Apoios semanais

Cada materia ten unha hora extra de apoio semanal gratuíto para o alumnado que o precise. Nesas horas profúndase no explicado en clase e exponse actividades de reforzo atendendo ao ritmo e necesidades propias de cada estudante.

Biblioteca

Co fin de facilitar ao alumnado o acceso a información para proxectos, actividades e traballos, o profesorado crea persoalmente as bibliotecas temáticas de aula e xestiona a biblioteca xeral do centro. Ademais, desde a etapa de Educación Infantil, organízanse saídas ás bibliotecas municipais e locais para asegurar un contacto directo con todas as fontes socioculturais ao alcance.

Unha gran parte do material de traballo e estudo é elaborado conxuntamente por alumnos e profesores a partir das saídas e actividades experienciales que se desenvolven co apoio dos libros das bibliotecas.

Biblioteca Colexio Fingoi Icono
Comedor Colexio Fingoi Lugo
Estrellas Colexio Fingoi Icono

Comedor

O Colexio Fingoi dispón dunha cociña propia onde un equipo de cociñeiras elabora todos os días e para toda a comunidade educativa, menús saudables a partir de ingredientes frescos e naturais.

Comida 100% caseira! Ademais, desde as titorías trabállase na elaboración do menú mensual para ensinar ao alumnado a comida de tempada e bos hábitos de alimentación.

Madrugadores

Para as familias que non poden conciliar os horarios de entrada ao cole polas mañás, ofrecemos unha ampliación do horario de apertura para o alumnado de Infantil e Primaria, desde as 08:10.

Despertadores Colexio Fingoi Icono
Extraescolares Colexio Fingoi Lugo
Colexio FINGOI asterisco amarillo

Extraescolares

Tanto para alumnado do centro, como para alumnado externo, ofrecemos actividades deportivas, culturais, artísticas e de lecer que buscan enriquecer a experiencia educativa, explorar intereses, desenvolver talentos e adquirir novas habilidades fose do currículo escolar. A matrícula e a merenda son gratuítas para todos os asistentes.

Campamentos

Durante as vacacións de Nadal e verán ofrecemos varias semanas de campamento didáctico. En cada edición as actividades viran ao redor dun eixo temático a partir do cal se desenvolven talleres e xogos nas instalacións do centro: horta, bosque, aula de usos múltiples… Ademais, realízanse saídas á cidade e lugares próximos a Lugo para explorar a contorna natural e cultural.

Campamentos Colexio Fingoi Icono
Colexio Fingoi Logo

Convenios y Menciones

O centro conta coa mención honorífica da Universidad Internacional da Rioja como “Centro de Referencia para Prácticas de Excelencia de Educación Infantil e
Primaria”.

Ademais, a través de diversos convenios de colaboración, o colexio ofrece a gratuidade na primeira matrícula no centro para os traballadores e socios das seguintes institucións: o Ilustre Colexio de Enfermería de Lugo, a Asociación Cultural e Deportiva XUNGALU, Colexio Oficial de Médicos de Lugo e o Club Fluvial de Lugo.

Do mesmo xeito, a primeira matrícula tamén é gratuíta (curso 2025-26) para o alumnado de novo ingreso que sexa fillo de antigos alumnos e/ou teña irmáns xa matriculados no centro.

Que din de nós?

Contacto
Contacta con Fingoi

Se tes algunha pregunta sobre o colexio ou queres concertar unha visita ás nosas instalacións, por favor, contacta connosco utilizando o seguinte formulario e un membro do equipo de admisións responderache.

Asterisco Azul
Colexio FINGOI
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións talles como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.