
10 razóns para escoller o Colexio Fingoi
Coñece os aspectos chave que fan do modelo educativo de Fingoi unha boa elección para os teus fillos.
Portada » 10 razóns para escoller o Colexio Fingoi
Elixir Fingoi
Cada ano son moitas as familias que se enfrontan a unha importante decisión: que centro escolar deben elixir para que os seus fillos comecen ou continúen os seus estudos.
Para moitos pais e nais, especialmente os primerizos, esta elección percíbese como unha gran responsabilidade, por iso desde Fingoi queremos simplificar este paso.

A noso longa experiencia en innovación didáctica
Desde 1950 defendemos a educación por proxectos a través dos ciclos da natureza e da cultura máis próxima, apostando por un modelo laico e construtivista baseado no método científico, que fomenta a curiosidade e o espírito crítico.

A nosa metodoloxía
Un método propio con ratios reducidas e sen libros de textos, con elaboración de material didáctico único. Unha educación que ensina a “aprender a aprender”, fomentando a reflexión e o interese por descubrir. Un modelo que traballa por proxectos globalizadores, multidisciplinares e internivelares, e a través de saídas e viaxes temáticos. Unha ensinanza individualizada cun acompañamento de tutorización totalmente personalizado.

Atención á diversidade
Levamos a inclusión social por bandeira e acompañamos con especial coidado e cariño ás familias con crianzas neurodiverxentes, facilitando apoios académicos extra e reunións persoais co departamento de orientación, que conta con gran experiencia en altas capacidades, TEA, etc.

Ensinanza integral
Fomentamos a autonomía, o desenvolvemento das capacidades de comunicación, o traballo en equipo, a empatía, a creatividade (música, baile e plástica desde Educación Infantil), o respecto ao medio ambiente e á diversidade, os hábitos de convivencia e de autocoidado, o desenvolvemento de espírito crítico…

Crianza respectuosa
Apostamos por respectar os ritmos fisiolóxicos propios de cada etapa (fitos do crecemento) e por ensinar a recoñecer e xestionar emocións (asembleas, corro de diálogo en grupo, ioga e técnicas de meditación desde Educación Infantil).

Instalacións
Contamos con aulas temáticas para cada materia (material e ambientación propia), sendo o alumnado quen se despraza para asistir a cada clase, o cal contribúe a unha maior concentración e produtividade nas sesións académicas. Temos máis de 15.000 m2 de espazos exteriores (bosque, horta, xardíns) e todo o mobiliario de interior adáptase ás necesidades físicas e emocionais de cada etapa.

Conciliación familiar
Contamos con: servizo de madrugadores (desde ás 07:40), comedor (sen cátering, comida caseira y saudable), apoios académicos e estudos asistidos gratuitos fóra do horario escolar, campamentos de nadal e verán, actividades extraescolares (linguas, deportes, arte e música).

Importancia das linguas
Fomento do galego, inglés obrigatorio desde Educación Infantil e tamén como extraescolar, francés obrigatorio ata 3º ESO, alemán extraescolar. Intercambios con Reino Unido en verán.

Ensinanza responsable en TIC´s
Aseguramos o coñecemento e manexo hábil das tecnoloxías relacionadas con cada materia. Apostamos polo modelo nórdico no uso restrinxido de pantallas dentro da aula, así como pola concienciación sobre os riscos actuais.

Resultados profesionais e persoais
Contamos con excelentes resultados na ABAU todos os anos e exalumn@s con grandes éxitos laborais e vitais.
Que din de nós?




Se tes algunha pregunta sobre o colexio ou queres concertar unha visita ás nosas instalacións, por favor, contacta connosco utilizando o seguinte formulario e un membro do equipo de admisións responderache.
