Colexio privado en Lugo con máis de 75 anos de experiencia educativa.
Fondo Fingoi

25-N: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller – “A invisibilización tamén é violencia”

25-N: Día Internacional de la Eliminación de la Violencia contra la Mujer – “La invisibilización también es violencia”

Se ben é certo que a conquista de dereitos para as mulleres mellorou notablemente nas últimas décadas, aínda queda moito por facer para trasladar 100% á práctica e ao día a día esa igualdade conquistada no papel.

O 25-N lembramos, primeiramente, ás 52 mulleres asasinadas no noso país por violencia de xénero no que vai deste ano 2023 e ás 1237 mulleres asasinadas desde que se comezou a recabar cifras no ano 2003.

A pirámide das violencias contra as mulleres móstranos como funcionan as violencias machistas: igual que un iceberg. A violencia machista ten unha parte visible máis pequena (asasinatos, violencias físicas), que soamente se sostén pola presencia dunha base, unha base moito máis grande pero que queda baixo o mar, fóra da nosa visión (humor, linguaxe e publicidade sexista, o control, a anulación e a invisibilización, etc.). Sen a existencia das violencias da parte inferior, non terían lugar as da parte superior.

A INVISIBILIZACIÓN é unha desas violencias máis sutís pero máis extendidas aínda hoxe en día. Científicas, artistas, escritoras, cineastas, economistas, antropólogas… son poucos os nomes que coñecemos e, menos aínda, o valor e repercursión das súas investigacións e traballos.

Nesta exposición que encheu todas as ventás dun dos nosos corredores recollemos algúns dos centos de mulleres que contribuíron ao progreso da nosa sociedade e que, polo feito de ser mulleres, foron silenciadas. Agardamos que a invisibilización, e a violencia contra a mulleres, sexa pronto cousa do pasado e non faga falta reivindicar este día.

Contacto
Contacta con Fingoi

Se tes algunha pregunta sobre o colexio ou queres concertar unha visita ás nosas instalacións, por favor, contacta connosco utilizando o seguinte formulario e un membro do equipo de admisións responderache.

Asterisco Azul