Colexio privado en Lugo con máis de 75 anos de experiencia educativa.
Fondo Fingoi

Día da poesía 2022

Día de la Poesía 02

O luns 21 de marzo no colexio Fingoi entrou a primavera da man da poesía. Celebramos a poesía cun recital de alumnas e alumnos de todas as etapas: dende primaria a bacharelato. Traballouse nas aulas e preparáronse poemas en galego, castelán, inglés, francés, latín…. quixemos que o vento levara polo aire os versos das poetas e dos poetas para poñer palabras de cordura no medio do caos, para poñer sentido no desacougo e dar paz fronte á barbarie. A poesía ergueuse contra as guerras, contra todos os conflitos que asolan neste momento o noso maltreito planeta. E fixemos da beleza da poesía un refuxio, para que o mundo se acalme. Ogallá.

Día de la Poesía

 


Contacto
Contacta con Fingoi

Se tes algunha pregunta sobre o colexio ou queres concertar unha visita ás nosas instalacións, por favor, contacta connosco utilizando o seguinte formulario e un membro do equipo de admisións responderache.

Asterisco Azul