Colexio privado en Lugo con máis de 75 anos de experiencia educativa.
Fondo Fingoi

Entroido Fingoi 2024

Carnaval Entroido Fingoi

Dados os últimos acontecementos nas nosas rías galegas, así como o cambio climático e problemas medioambientais que afrontamos como sociedade, a temática do Entroido Fingoi deste ano foi o coidado do mar. 

Desde os distintos niveis educativos reflexionamos sobre: a fauna e flora que nel habita, os residuos que producimos e que acaban nel, personaxes históricas e fantásticas relacionadas co mundo mariño, a necesidade de coñecer os beneficios do contacto co mar… e a sorte que temos de telo tan preto.

O Entroido é, e sempre foi en Fingoi, unha festividade para desfrutar, rir e pasalo ben pero, tamén, para pensar sobre o que acontece ao redor de nós.

Feliz Entroido e boas vacacións, familias!

Contacto
Contacta con Fingoi

Se tes algunha pregunta sobre o colexio ou queres concertar unha visita ás nosas instalacións, por favor, contacta connosco utilizando o seguinte formulario e un membro do equipo de admisións responderache.

Asterisco Azul