Os que nos coñecen saben que nos gusta estar actualizados e é por iso que, tras case 75 anos de experiencia no mundo do ensino, durante os que nos esforzamos a diario por ofrecer unha educación de calidade e baseada nos ciclos da natureza, a investigación e o fomento da curiosidade, alégranos poder anunciarvos o lanzamento da nosa nova páxina web.
Mantendo a nosa esencia, con este novo deseño queremos mellorar a experiencia do usuario e facer que a nosa páxina sexa máis fácil de navegar e máis clara e informativa, pero, sobre todo, transmitir os nosos valores e proporcionar unha experiencia visual atractiva e próxima.
Desde aquí poderedes seguir todas as novidades do Colexio Fingoi en Lugo, desde as saídas, viaxes de estudo, intercambios e festas temáticas, ata a realización doutros eventos que preparamos con moito mimo e coidado… Todos eles co obxectivo principal de mostrar a todos os alumnos, alumnas e as súas familias a nosa cultura e acenos de identidade.
Aproveitando o noso primeiro artigo, queremos agradecer a todos os nosos alumnos, alumnas e ás súas familias o apoio e a confianza depositada ao longo destes anos, sen vós todo isto non sería posible. Se necesitas información adicional fala directamente co noso equipo chamándonos ao (+34) 982 221 630 – 982 284 094, a través do noso correo secretaria@fingoi.com ou a través do noso formulario de contacto nesta mesma web, estaremos encantadas de resolver as túas dúbidas e asesorarche.
Esperámosche en Colexio Fingoi!