Colexio privado en Lugo con máis de 75 anos de experiencia educativa.
Fondo Fingoi

Estrea de La Meiga no Círculo de Artes de Lugo

Estreno de La Meiga en el Círculo de Artes de Lugo

O pasado 22 de xuño de 2024 estreamos no Círculo das Artes de Lugo.

“La Meiga” constitúe un proxecto artístico, didáctico e multidisciplinar promovido polo Colexio Fingoi e a Orquestra Xove de Lugo Terra Nova para traballar contidos curriculares e obxectivos didácticos que ambos colectivos precisan acadar como institucións educativas.

O proxecto partiu da análise, estudo, tradución e versionado da zarzuela homónima escrita en 1928 por Jesús Guridi, con libreto de Federico Romero Sarachaga e Guillermo Fernández – Shaw Iturralde. Tras traballar a obra no colexio durante todo o curso escolar 2023 – 2024 nas distintas etapas educativas, o alumnado e os músicos da orquestra desenvolveron a súa propia versión o 22 de xuño de 2024 coa colaboración de cantantes profesionais.

A zarzuela, moitas veces despectivamente chamada “género chico”, é un xénero musical lírico xurdido en España que se caracteriza por conter partes declamadas, partes musicais e partes vogais. Tivo a súa época de maior esplendor na segunda metade do século XIX e primeiro terzo do XX, con grandes compositores como Arrieta, Chueca, Moreno Torroba, Penella ou Sorozábal.

La Meiga foi estreada con grande éxito, como queda recollido na hemeroteca da época, no Teatro de La Zarzuela en decembro de 1928 e, desde entón, non volveu a ser representada. É por isto que non hai unha grabación completa da obra e apenas grabacións de voz; do mesmo xeito, as partituras coas que se contaba son os manuscritos sen editar do propio Guridi. O noso proxecto supón, polo tanto, unha restrea da obra e a recuperación das partituras a través da súa dixitalización.

Esta obra ten a particularidade de ser a única zarzuela con partes en galego composta por un autor non galego. A acción transcorre na Galicia rural do val do Ulla, na década de 1870, e a trama mestura temas como o amor, a emigración, a maledicencia ou as diferencias sociais, entre outros.

Contacto
Contacta con Fingoi

Se tes algunha pregunta sobre o colexio ou queres concertar unha visita ás nosas instalacións, por favor, contacta connosco utilizando o seguinte formulario e un membro do equipo de admisións responderache.

Asterisco Azul