
Etapas
Aínda que cada etapa educativa é única e específica, todas comparten algúns aspectos chave do sistema educativo de Fingoi.
Portada » Etapas
Situacións de aprendizaxe e convivencia comúns a todas as etapas
Desde a fundación do Colexio Fingoi tratamos de conxugar a posta en valor da nosa cultura e trazos de identidade propias cunha preparación práctica para o futuro.
Somos conscientes da interdependencia, cada vez maior, entre os distintos pobos do planeta e da necesidade de que o noso alumnado se sinta europeo e cidadán do mundo.
Tratamos de que valoren o propio e de que, ao mesmo tempo, sexan abertos, curiosos, respectuosos coas distintas realidades e conscientes do relativismo cultural, desenvolvendo unha visión ampla ante todo tipo de realidades.
Por este motivo organizamos saídas, viaxes de estudo, intercambios e múltiples festas temáticas. En calquera destas experiencias o profesorado ten a oportunidade de facer confluír os seus programas, intervencións e accións educativas cooperando na planificación, desenvolvemento e avaliación delas.

Saídas, viaxes de estudo, intercambios
As viaxes realízanse a diferentes lugares de interese cultural, ambiental e industrial, tanto de Lugo e provincia como de Galicia ou fóra da nosa comunidade.
Estas experiencias axudan na preparación práctica para a vida e forman en valores como o respecto á diversidade cultural e social.
Poden ser de media xornada, xornada completa ou ben estancias de varios días.
Viaje de estudios

Festas temáticas
Festas globalizadoras, multidisciplinares e internivelares que supoñen un proxecto de meses de traballo nas aulas: Magosto, Nadal, Entroido… e o noso soado Fingoi Augusti como proxecto de final de curso.
Todos constitúen proxectos nos que o alumnado se achegue á riqueza da cultura e nos que, conscientes dos contravalores imperantes (individualismo, pasotismo, hedonismo, presentismo, consumismo etc.)/ etc.), os mozos aprenden a propoñerse metas comúns e a ser perseverantes para conseguilas.
Proyectos Fingoi
Etapas de estudo

Infantil
Adquirindo valores, hábitos e autonomía atendendo o período de adaptación, aos ritmos e rutinas da vida cotiá e ao desenvolvemento emocional e social.

Primaria
Partindo dos intereses do alumnado e da natureza como eixo central conxugamos a aprendizaxe activa e o traballo cooperativo en todas as dimensións educativas.

Secundaria
Priorizamos o método científico e adecuámonos a cada un dos Departamentos Didácticos afianzando as bases académicas e sociais durante a adolescencia.

Bacharelato
Preparación específica, teórica e académica para as probas de acceso á universidade, obtendo o 100% de aprobados na Selectividade, agora coñecida como PAU.

Formación profesional
Ofrecemos formación profesional para obter o Ciclo Superior en Educación Infantil ou o Ciclo Medio de Xestión Administrativa mediante unha metodoloxía construtivista.
Se tes algunha pregunta sobre o colexio ou queres concertar unha visita ás nosas instalacións, por favor, contacta connosco utilizando o seguinte formulario e un membro do equipo de admisións responderache.
