Colexio privado en Lugo con máis de 75 anos de experiencia educativa.
Fondo Fingoi

Educación Infantil

A EI en Fingoi considérase unha etapa única na que os máis pequenos (3 – 6 anos) adquiren a base da súa futura seguridade como adultos.

Desde o 2023 somos Centro de Referencia en Galicia para Prácticas de Excelencia en Educación Infantil segundo a UNIR.

Infantil

Conscientes da importancia que para o desenvolvemento humano teñen os seis primeiros anos de vida, no Colexio Fingoi prestamos unha especial atención á Educación Infantil, mantendo as mesmas características clave ao longo de toda a etapa, a cal se ordena en tres grandes aulas temáticas: O Pobo do arcoiris, A Cidade dos artistas e O Bosque de lendas.

En Educación Infantil os contidos educativos agrúpanse ao redor das actividades da vida diaria, o contacto co mundo natural (plantas, animais, minerais, auga, terra, aire), a interacción cos obxectos e as interaccións entre iguais provocadas polo xogo, os pequenos proxectos e a participación cooperativa en obradoiros.

Os espazos adáptanse de maneira pedagóxica, atendendo aos obxectivos didácticos da nosa metodoloxía: recunchos de xogo temáticos, altillos con tobogáns e biblioteca, ausencia de mesas de traballo fixas, etc.

Ver video en YouTube

Un día en Educación Infantil

Jardines Colexio Fingoi
Espiral Colexio Fingoi
Colexio FINGOI asterisco amarillo
Rutinas da vida diaria Desenvolvemento social e emocional Establecemento de límites Desenvolvemento lingüístico e artístico
Rutinas da vida diaria Desenvolvemento social e emocional Establecemento de límites Desenvolvemento lingüístico e artístico

Características destacables da etapa de Infantil

Adaptación

Atención especial ao período de adaptación, aos ritmos e rutinas da vida cotiá (aseo, descanso, comida) e ao desenvolvemento emocional e social.

Especialistas

Maestras especialistas en Educación Infantil que observan e interpretan os comportamentos diarios do alumnado e preparan as programacións a partir das súas características persoais.

Profesorado

Clases con profesorado especialista en educación musical temperá, baile tradicional e inglés.

Grupos reducidos

Permiten desenvolver unha pedagoxía de escoita que dea resposta ás necesidades de cada neno e nena, segundo o seu ritmo individual de madurez, que poida cultivar a súa autonomía e o seu proceso de individualización e socialización.

Comunicación

Respecto pola lingua materna (galego, castelán). Inglés comunicativo: introdución da primeira lingua estranxeira en situacións cotiás e de xogo.

Espazos

Espazos creados e deseñados especialmente para satisfacer as necesidades infantís e proporcionar múltiples ocasións de xogo e descubrimento.

Unha tarefa compartida

Familia-colexio: diálogos e entrevistas individuais periódicas, reunións de nivel con todas as familias, intervención das familias en actividades diversas, informes, para ir xuntos establecendo uns criterios, actitudes e estratexias á hora de establecer uns límites, unhas pautas, unhas normas que faciliten en cada neno/nena o seu desenvolvemento da autonomía, capacidade de expresión e comunicación e a súa autoestima, para favorecer así o seu desenvolvemento harmónico.

Que din de nós?

Contacto
Contacta con Fingoi

Se tes algunha pregunta sobre o colexio ou queres concertar unha visita ás nosas instalacións, por favor, contacta connosco utilizando o seguinte formulario e un membro do equipo de admisións responderache.

Asterisco Azul