
Formación Profesional
Aplicando a mesma metodoloxía educativa que no resto de etapas educativas, a FP en Fingoi aspira a constituír o itinerario formativo para o alumnado que quere formarse en dúas actividades profesionais concretas: Educación Infantil e Xestión Administrativa.
Ciclos Oficiais de FP
Ofrecemos dúas titulacións de Formación Profesional nas que aplicamos a mesma metodoloxía que eno Bacharelato.
O Colexio Fingoi é un exemplo de emprendemento polos seus 75 anos de historia, como o foi o fundador Antonio Fernández López, cuxo busto se erixe na facultade de Administración e Dirección de Empresas, e como o é a directora do centro desde 1971, Asunción Fernández Puentes, nomeada “Empresaria do Ano” en 2021 pola Asociación de Empresarias da Provincia de Lugo.



Titulacións de Formación Profesional en Fingoi
Ciclo Superior en Educación Infantil
O noso centro conta con máis de setenta anos de experiencia en innovación didáctica dentro da Educación Infantil, o que nos converteu en Centro de Referencia segundo a UNIR. A nosa especial metodoloxía para esta etapa educativa converte ao profesorado de Infantil en experto da materia
Ciclo Medio en Xestión Administrativa
Aplicamos a mesma metodoloxía construtivista que no Bacharelato e apostamos polo desenvolvemento pleno das competencias máis prácticas do alumnado e a súa aplicación ao mundo laboral actual. Este Ciclo Formativo de Grao Medio forma profesionais capaces de contribuír á eficiencia administrativa en diversas contornas laborais.
Que din de nós?




Se tes algunha pregunta sobre o colexio ou queres concertar unha visita ás nosas instalacións, por favor, contacta connosco utilizando o seguinte formulario e un membro do equipo de admisións responderache.
