Colexio privado en Lugo con máis de 75 anos de experiencia educativa.
Fondo Fingoi

Exposición Letras Galegas 2021: Xela Arias

Exposición Letras Galegas 2021 Xela Arias 01

Esta semana de volta das vacacións reencontrámonos no colexio. Voltamos co impulso dos aires da primavera… e cos ollos postos na celebración das Letras Galegas deste ano 2021 tamén diferentes aínda.
Tivemos a sorte de achegarnos a XELA ARIAS: “aquela nena de Sarria” a través dunha exposición realizada polo colectivo EGERIA que nos achega á nenez de Xela en Barreiros, en Lugo, no colexio Fingoi e en Vigo… Xela que estudou aquí, que, dende a infancia, sentiu a inquedanza de escribir é unha poeta enraizada nos libros, no amor á nosa lingua e á nosa cultura e unha escritora esixente, comprometida e cunha fonda sensibilidade. A súa poesía énchenos “de forza contra o pánico” por ver se conseguimos ser ”o globo terráqueo pousado nos raios do sol”.

+ INFO da exposición de Xela Arias na web do Colectivo Egeria.

Exposición Letras Galegas 2021 Xela Arias Portada

Siña explica al alumnado de 3º ESO el paso de Xela Arias por la Granxa de Barreiros y por Colexio Fingoi en los años 60.

Contacto
Contacta con Fingoi

Se tes algunha pregunta sobre o colexio ou queres concertar unha visita ás nosas instalacións, por favor, contacta connosco utilizando o seguinte formulario e un membro do equipo de admisións responderache.

Asterisco Azul