Colexio privado en Lugo con máis de 75 anos de experiencia educativa.
Fondo Fingoi

Historia

Tras máis de setenta anos sendo pioneiro en innovación educativa, o mellor aval do noso centro é a experiencia.

O Colexio Fingoi foi fundado en 1950...

polo empresario e humanista Antonio Fernández López, acolléndose á Lei de Centros Experimentais, que permitía poñer en marcha unha serie de reformas de tipo pedagóxico.

Nos Estatutos deseñouse “un modelo pedagóxico centrado nos ciclos da Natureza, científico, de coeducación de ensinanza globalizada e personalizado, natural, experimental e experiencial, que require dun profesorado implicado e comprometido coa reflexión sobre a práctica para ir dando respostas ás diferenzas individuais e ás novas necesidades e retos educativos de cada momento con afán innovador.”

Tivo como primeiro director a Ricardo Carvalho Calero, e como profesores a figuras coma Ánxel Xohan, José Cabanillas, Vicente Devesa, Chicha Fernández, Ana María Pardo Múgica, Pacios, Carlos Varela Veiga, e tamén a Xosé Lois Méndez Ferrín, Bernardino Graña e Arcadio López Casanova. Todas elas persoas destacadas pola súa traxectoria educativa, cultural e profesional.

Este proxecto tivo o seu xermolo en 1948 coa creación da Escola Agrícola da Granxa de Barreiros (Sarria), fundada tamén por Antonio Fernández e dirixida polo mestre galeguista Avelino Pousa Antelo. Co fin de extender a iniciativa ao resto de escolas da provincia de Lugo e dignificar a cultura galega, organizáronse Cursos de Formación Agropecuaria para mestres rurais. O Colexio formaba parte dun proxecto cultural máis amplo, o denominado “Centro de Estudos Fingoi”, onde se concedían bolsas para a investigación e estudo da cultura galega.

Historia de FINGOI

Que din de nós?

Contacto
Contacta con Fingoi

Se tes algunha pregunta sobre o colexio ou queres concertar unha visita ás nosas instalacións, por favor, contacta connosco utilizando o seguinte formulario e un membro do equipo de admisións responderache.

Asterisco Azul