Colexio privado en Lugo con máis de 75 anos de experiencia educativa.
Fondo Fingoi

Modelo educativo

Defendemos a educación por proxectos a través dos ciclos da natureza e da cultura máis próxima, apostando por un modelo laico e construtivista que fomenta a curiosidade e o espírito crítico.

O noso método

Unha educación laica que aposta por unha metodoloxía sen libros de texto baseada na investigación e o fomento da curiosidade. Partimos do que cada un ou cada unha é, coa fin de acompañar á persoa na adquisición de autonomía e seguridade afectiva para poder, así, afrontar a vida nun futuro próximo. Proporcionamos espazo, tempo, materiais e recursos que atenden ás distintas necesidades de cada un.

Departamentos Colexio Fingoi

Titoría individualizada

Un tempo e un espazo para que cada un sexa atendido na súa traxectoria escolar.

Grupos Colexio Fingoi

Titoría en grupo

Unha hora semanal para organizar unha asemblea, expoñer, debater, resolver conflitos e, conxuntamente, mellorar a convivencia.

Delegadas e delegados

Cada nivel elixe as súas delegadas e delegados para reunirse co grupo en asemblea e unha vez ao ano co Equipo Directivo.

Familia Colexio Fingoi

Profesorado e familias

Entrevistas, reunións de nivel, informes e demais aspectos relevantes e necesarios.

Bachiller Colexio Fingoi

Alumnado e claustro

Revisan e evalúan o Regulamento de Réxime Interno e as normas de convivencia.

Fondo Colexio Fingoi
1
Colexio Fingoi Lugo Grupos Reducidos

Grupos reducidos

De forma habitual realizamos desdobramentos de grupos para así dar resposta ás demandas de cada nena e cada neno e seguir o seu ritmo individual de maduración e desenvolvemento.

2
Fondo Colexio Fingoi
Convivencia Colexio Fingoi Lugar

A convivencia no centro

O día a día é fundamental no centro, fomentando unha magnífica convivencia entre todos os membros da comunidade educativa: dirección, equipo docente, departamento de orientación, alumnado, persoal non docente (persoal de cociña, de limpeza e de secretaría). Cremos no valor da amabilidade, a comunicación e o respecto á diversidade.

3
Fondo Colexio Fingoi
Reunion Colexio Fingoi Lugo

As reunións dos mércores”

A ilusión, implicación e coordinación do equipo docente é constante.

Todos os mércores pola tarde reúnese o claustro enteiro, ou ben o profesorado por etapas, departamentos e comisións, para a posta en común de ideas en canto ao desenvolvemento de proxectos globalizadores, ou para poñerse ao día das necesidades específicas do alumnado.

Estas reunións axúdannos a garantir que todos os membros do profesorado estean en sintonía con respecto a unha serie de cuestións, desde asuntos concernentes aos estudantes ata temas relacionados coas políticas e os procedementos da escola.

4
Fondo Colexio Fingoi
Colexio Fingoi

Departamento de orientación

Desde o Departamento de Orientación e Psicoloxía búscase que a nosa comunidade educativa estea conformada por familias e profesorado comprometidos nunha labor común: aprenderlles a pensar, a ser persoas respectuosas, a convivir, a ser capaces de comportarse, de decidir e de construir.

A psicóloga do centro apoia e asesora ás familias de cara a unha optimización da educación personalizada. Ademais coordina un traballo sistemático de acción titorial con todo o profesorado.

Baixo a guía da psicóloga de centro, o profesorado e as titoras e titores elaboran as adaptacións curriculares para cada estudante con calquera tipo de necesidade educativa (alta, media ou baixa dotacional), facendo un seguimento individual exhaustivo.

Desde Educación Infantil a Bacharelato, a acción titorial é unha responsabilidade compartida por todo o profesorado, titores e coordinadores de etapa.

Etapas de estudo

Infantil Colexio Fingoi

Infantil

Adquirindo valores, hábitos e autonomía atendendo o período de adaptación, aos ritmos e rutinas da vida cotiá e ao desenvolvemento emocional e social.

Primaria Colexio Fingoi

Primaria

Partindo dos intereses do alumnado e da natureza como eixo central conxugamos a aprendizaxe activa e o traballo cooperativo en todas as dimensións educativas.

Secundaria Colexio Fingoi

Secundaria

Priorizamos o método científico e adecuámonos a cada un dos Departamentos Didácticos afianzando as bases académicas e sociais durante a adolescencia.

Bachiller Colexio Fingoi

Bacharelato

Preparación específica, teórica e académica para as probas de acceso á universidade, obtendo o 100% de aprobados na Selectividade, agora coñecida como PAU.

FP Colexio Fingoi

Formación profesional

Ofrecemos formación profesional para obter o Ciclo Superior en Educación Infantil ou o Ciclo Medio de Xestión Administrativa mediante unha metodoloxía construtivista.

Contacto
Contacta con Fingoi

Se tes algunha pregunta sobre o colexio ou queres concertar unha visita ás nosas instalacións, por favor, contacta connosco utilizando o seguinte formulario e un membro do equipo de admisións responderache.

Asterisco Azul