Colexio privado en Lugo con máis de 75 anos de experiencia educativa.
Fondo Fingoi

O Colexio Fingoi presenta a 13ª edición do seu festival grecorromano: Fingoi Augusti

Fingoi Augusti XIII

O vindeiro xoves 12 de xuño ás 18:00 horas, o Colexio Fingoi celebrará a décimo terceira edición do seu xa tradicional festival Fingoi Augusti, unha cita anual dedicada ao mundo grecorromano que se ten convertido nun dos momentos máis agardados do curso escolar.

Este ano, o evento xirará arredor dunha adaptación moi especial da Odisea de Homero, titulada A Fingodisea. Trátase dunha versión teatral única, creada integramente no centro, na que participa todo o alumnado, desde Infantil ata 1º de Bacharelato, e coa colaboración de todas as áreas educativas. O resultado é un proxecto multidisciplinar e internivelar, fiel á filosofía pedagóxica do colexio, que combina creatividade, aprendizaxe e traballo en equipo.

A representación será, ao tempo, un acto de peche do curso escolar e unha xornada de portas abertas, polo que está aberta non só ás familias do alumnado, senón tamén a todas as persoas interesadas en coñecer o proxecto educativo do centro e gozar dunha experiencia cultural diferente.

Ademais, o evento coincide coa inauguración do Arde Lucus, a festa que homenaxea o pasado romano da cidade, polo que a Fingodisea propónse como o plan perfecto para comezar unha fin de semana chea de historia, cultura e celebración.

Desde o Colexio Fingoi convidámosvos a embarcarvos con nós nesta viaxe polo Mediterráneo homérico, con escalas en valores clásicos, aventuras educativas e moita emoción.

Agardámosvos!

Contacto
Contacta con Fingoi

Se tes algunha pregunta sobre o colexio ou queres concertar unha visita ás nosas instalacións, por favor, contacta connosco utilizando o seguinte formulario e un membro do equipo de admisións responderache.

Asterisco Azul