Colexio privado en Lugo con máis de 75 anos de experiencia educativa.
Fondo Fingoi

Proxecto clima en EP e ESO

Proyecto clima en EP y ESO 05

O día Meteorolóxico Internacional e o día Mundial do Clima conmemorados o dia 23 e 26 de marzo teñen como obxectivo crear conciencia e sensibilizarnos sobre a importancia e influencia do clima e do cambio climático nas nosas vidas. Tamén serven para reflexionar sobre o papel da meteoroloxía e a hidroloxía no equilibrio do medio.

Neste semestre no Colexio estamos a traballar desde diferentes áreas no tema do clima a través dun proxecto global no que interveñen varios niveis de EP e ESO. Traballamos nas aulas con materiais de refugallo, construímos maquetas, investigamos, compartimos coñecementos, analizamos os datos e aprendemos….

Proyecto clima en EP y ESO 03

Algúns dos traballos realizados son os seguintes:

En 4º de EP construímos unha estación meteorolóxica, un barómetro, un pluviómetro, anemómetro e un cataventos reciclando os materiais empregados:

En 5º de EP na área de Sociais baixo o lema de “Personalidades no clima” elaboramos biografías de científicas/os que destacaron no seu estudo do clima:

En 6º de EP logo de investigar por parellas en libros e na internet realizamos carteis informativos dos diferentes climas de España:

En 1º de ESO na área de Xeografía e Historia, reciclando materiais e con plastilina, fixemos maquetas de accidentes xeográficos e fichas explicativas que foron expostas a outros grupos (dende infantil até 3º de ESO):

Contacto
Contacta con Fingoi

Se tes algunha pregunta sobre o colexio ou queres concertar unha visita ás nosas instalacións, por favor, contacta connosco utilizando o seguinte formulario e un membro do equipo de admisións responderache.

Asterisco Azul