Colexio privado en Lugo con máis de 75 anos de experiencia educativa.
Fondo Fingoi

Proxecto cálculo da pegada ecolóxica

Noticia Proyecto Cálculo de la huella ecológica Colexio Fingoi

Pensamos no planeta: Levamos 7 anos reducindo as nosas emisións contaminantes a través dun proxecto posto en marcha polas alumnas e alumnos do centro dirixidos polo profesor de Bioloxía e Xeoloxía Alberto López. Pequenos xestos cotiás como a redución do consumo de auga, luz, papel, vir camiñando ao colexio ou compartir transporte diminúen a nosa pegada ecolóxica.

Proyecto Cálculo de la huella ecológica 01

Estamos seleccionados 5 colexios de Galicia entre 172 de todo o Estado para participar no programa “Cálculo de la huella ecológica” da Fundación ENDESA. No colexio Fingoi sempre procuramos o coidado do medio, a sostibilidade e a concienciación do alumnado para acadar un mundo mellor para as xeracións futuras. Parabéns a toda a comunidade educativa do colexio porque entre todos aínda podemos conseguir mellorar estes resultados. Ser noticia da TVG espalla esta iniciativa e cantos máis coidemos o contorno máis nos coidamos.

Noticia en TVG-Telexornal Galicia 25 febreiro 2022 (en min 41:58)

Noticia en El Progreso 25 febreiro 2022:

Noticia en La Voz de Galicia:

 

Contacto
Contacta con Fingoi

Se tes algunha pregunta sobre o colexio ou queres concertar unha visita ás nosas instalacións, por favor, contacta connosco utilizando o seguinte formulario e un membro do equipo de admisións responderache.

Asterisco Azul