Colexio privado en Lugo con máis de 75 anos de experiencia educativa.
Fondo Fingoi

Secretaría

Aquí atoparás todo o relativo a documentación e burocracia académica.

Calendario lectivo 2024 - 2025

A Comunidade Autónoma de Galicia publicou oficialmente o calendario escolar para o curso 2024/2025 coas datas de reincorporación lectiva despois do verán, as fins de semana longas, as vacacións de Nadal e Semana Santa, o entroido, a semana branca, os festivos e os días non lectivos ata fin de curso.

Solicitar praza

Matrícula curso 2024 - 2025

Enviar ao Colexio Fingoi
mediante e-mail

secretaria@fingoi.com

Para atención presencial:
imprescindible cita previa

Teléfonos: 982 221 630 – 982 284 094

Que inclúe ?

O prezo do ensino inclúe:

Un AMPLO EQUIPO DE PROFESORES tanto XENERALISTAS como ESPECIALISTAS, altamente cualificado, titulado e comprometido co proxecto. Contamos cun número reducido de alumnos por aula, co fin de atender adecuadamente o pleno desenvolvemento das diferentes características e capacidades de cada un deles. As nosas aulas están organizadas por materias/áreas, con todo o material específico e necesario, para un harmónico desenvolvemento das diversas actividades e/ou proxectos.

Dentro do noso horario escolar

Contamos con máis horas das establecidas no horario oficial. Non facemos unha división entre actividades lectivas e complementarias, estas están estreitamente ligadas ao traballo que se realiza en clase e son cotiás e habituais.

Común a todas as etapas educativas:

  • Inglés obrigatorio desde Educación Infantil a 2º BAC;
  • DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN, SERVIZO PSICOPEDAGÓXICO E ACCIÓN TITORIAL: coordinado por especialistas en psicoloxía, titores e profesores de apoio psicopedagóxico.
  • Os propios profesores e titores do Centro atenden espazos comúns, tamén considerados espazos educativos como o comedor, patios, corredores, biblioteca, etc.
  • Experiencias globalizadoras: festas escolares, semanas culturais, charlas, mesas redondas, etc.
  • Viaxes e saídas de estudo de 1 día.
  • Almorzo de media mañá atendido polos propios profesores.
  • Seguros Escolares. Responsabilidade civil e de accidentes. Asistencia médica.

Educación Infantil:

Todo o profesorado de Educación Infantil son titulados e especialistas. Temos CATRO titoras e profesoras de apoio de aula, especialista en Inglés, especialista en Educación Musical temperá e especialista en baile tradicional.

E. Primaria, ESO y BAC:

  • Francés obligatorio en 1º ESO e 2º ESO, y optativo de 3º ESO a 2º BAC.
  • Neste centro damos especial importancia á Educación Artística, á Educación Científica e Tecnolóxica: Horta e estación meteorolóxica, Aula-Taller de Tecnoloxía, Laboratorios de Ciencias Naturais, Física y Química.
  • En EP: Profesores especialistas: en Artes Escénicas, Coro, Música, Música Tradicional, Educación Plástica e Visual.
  • En ESO/BAC: Profesores especialistas:
    • Educación Artística e Audiovisual e de Información e Comunicación: profesores de Música, Plástica, Comunicación Audiovisual (TIC’s, Prensa y Radio, Deseño e Imaxe); obradoiros de Expresión Oral e Escrita.
    • Educación Científica e Tecnolóxica: Tecnoloxía e TIC´s (desde 2º ESO a 2º BAC), Obradoiros de Ciencias
    • Amplia optatividad en 3º e 4º ESO e BAC, con todas as modalidades de Bacharelato.

Fóra do horario escolar (totalmente gratuíto)

  • As merendas para os que asisten ás actividades extraescolares, atendidos polos propios profesores.
  • Clases de de reforzo pedagóxico ESO a BAC, (en 5º, 6º EP cando o requira o Departamento de Orientación).

Servizos educativos non incluídos no prezo

  • COMEDOR: cociña propia, xestionada polo Colexio Fingoi. Os menús elabóranse no propio centro con dietas equilibradas, produtos sans, naturais, moitos deles procedentes da nosa granxa ecolóxica, a Granxa de Barreiros (Sarria). Os alumnos son atendidos polo persoal de cociña do colexio e o persoal docente.
  • MATERIAL ESCOLAR de uso diario na aula: fotocopias, cadernos, carpetas, material funxible (lapis, bolígrafos, rotuladores, folios), bibliotecas de aula e biblioteca de alumnos, material audiovisual, informático, … é dicir, todo o que o alumnado necesita para o desenvolvemento da actividade escolar.
  • VIAXES DE ESTUDIO DE MÁIS DE 1 DÍA, ininterrumpidamente desde 5º EP a 2º BAC, Inmersión Lingüística en Irlanda (1º, 2º ESO), Intercambios con centros estranxeiros, etc.
  •  

Ensiñanza Extraescolar (optativa)

Ao inicio de curso preséntase o programa da ensinanza extraescolar.

Formalización do pago

  • Os prezos establecidos pasaranse en 10 mensualidades de setembro a xuño.
  • Pagarase mes adiantado a través de domiciliación bancaria.
  • As familias con 2, 3 ou máis fillos/as inscritos: descontarase directamente o porcentaxe correspondente no concepto de ensinanza.
  • Petición de baixa: deberá comunicarse só en Secretaría antes do día 30 de cada mes. Do contrario a baixa non terá efecto para o mes seguinte, debéndose abonar o importe íntegro de dito mes.

Formalización de matrícula

O abono da matrícula é imprescindible en concepto de reserva de praza e sen proceder á súa devolución.

Que din de nós?

Contacto
Contacta con Fingoi

Se tes algunha pregunta sobre o colexio ou queres concertar unha visita ás nosas instalacións, por favor, contacta connosco utilizando o seguinte formulario e un membro do equipo de admisións responderache.

Asterisco Azul