
Servizos
Ademais dos nosos servizos académicos e escolares, contamos cun extenso programa de extraescolares e de actividades e sesións de apoio académico e de axuda á conciliación familiar.
Portada » Servizos
Departamento de Orientación
A psicóloga do centro apoia e asesora ás familias para unha optimización da educación personalizada. Ademais, en colaboración co profesorado e o Departamento de Acción Titorial, coordina un traballo sistemático de titorización e de adaptación curricular para cada estudante con necesidades educativas especiais (TEA, altas capacidades, TDA, TDH etc.), facendo un seguimento individual exhaustivo de maneira constante.



Apoios e estudos asistidos
Cada materia ten unha hora extra de apoio semanal gratuíto para o alumnado que o precise. Nesas horas profúndase no explicado na clase e expóñense actividades de reforzo atendendo ao ritmo e necesidades propias de cada estudante. Do mesmo xeito, para as etapas de 5º e 6º EP e as etapas de ESO e BAC, ofrécense cada día, e gratuitamente, unha sesión de estudo asistido co fin de acompañar ao alumnado na realización de exercizos e tarefas que apoian o seu desenvolvemento académico. Os estudantes están acompañados en todo momento por profesores do centro.
Biblioteca
Co fin de facilitar ao alumnado o acceso a información para proxectos, actividades e traballos, o profesorado crea persoalmente as bibliotecas temáticas de aula e xestiona a biblioteca xeral do centro. Ademais, desde a etapa de Educación Infantil, organízanse saídas ás bibliotecas municipais e locais para asegurar un contacto directo con todas as fontes socioculturais ao alcance.
Unha gran parte do material de traballo e estudo é elaborado conxuntamente por alumnos e profesores a partir das saídas e actividades experienciales que se desenvolven co apoio dos libros das bibliotecas.



Comedor
O Colexio Fingoi dispón dunha cociña propia onde un equipo de cociñeiras elabora todos os días e para toda a comunidade educativa, menús saudables a partir de ingredientes frescos e naturais.
Comida 100% caseira! Ademais, desde as titorías trabállase na elaboración do menú mensual para ensinar ao alumnado a comida de tempada e bos hábitos de alimentación.
Madrugadores
Para as familias que non poden conciliar os horarios de entrada ao cole polas mañás, ofrecemos unha ampliación do horario de apertura para o alumnado de Infantil e Primaria, desde as 08:10.



Extraescolares
Tanto para alumnado do centro, como para alumnado externo, ofrecemos actividades deportivas, culturais, artísticas e de lecer que buscan enriquecer a experiencia educativa, explorar intereses, desenvolver talentos e adquirir novas habilidades fose do currículo escolar. A matrícula e a merenda son gratuítas para todos os asistentes.
Campamentos
Durante as vacacións de Nadal e verán ofrecemos varias semanas de campamento didáctico. En cada edición as actividades viran ao redor dun eixo temático a partir do cal se desenvolven talleres e xogos nas instalacións do centro: horta, bosque, aula de usos múltiples… Ademais, realízanse saídas á cidade e lugares próximos a Lugo para explorar a contorna natural e cultural.

Convenios y Menciones
O centro conta coa mención honorífica da Universidad Internacional da Rioja como “Centro de Referencia para Prácticas de Excelencia de Educación Infantil e
Primaria”.
Ademais, a través de diversos convenios de colaboración, o colexio ofrece a gratuidade na primeira matrícula no centro para os traballadores e socios das seguintes institucións: o Ilustre Colexio de Enfermería de Lugo, a Asociación Cultural e Deportiva XUNGALU, Colexio Oficial de Médicos de Lugo e o Club Fluvial de Lugo.
Do mesmo xeito, a primeira matrícula tamén é gratuíta (curso 2025-26) para o alumnado de novo ingreso que sexa fillo de antigos alumnos e/ou teña irmáns xa matriculados no centro.
Que din de nós?




Se tes algunha pregunta sobre o colexio ou queres concertar unha visita ás nosas instalacións, por favor, contacta connosco utilizando o seguinte formulario e un membro do equipo de admisións responderache.
