O verán está á volta da esquina e co bo tempo chegan tamén as mellores oportunidades para que os máis pequenos gocen, aprendan e experimenten fóra da aula. O Colexio Fingoi de Lugo presenta unha nova edición do seu campamento de verán: Verán Fingoi, unha experiencia inesquecible que combina xogos, arte, natureza e experimentación.
Datas: do 23 de xuño ao 11 de xullo
Actividades
Un espazo pensado para explorar a creatividade e a curiosidade dos nenos e nenas a través de actividades lúdicas e educativas. A proposta céntrase en:
- Xogos colaborativos
- Actividades artísticas
- Contacto coa natureza
- Propostas experimentais que espertan o pensamento crítico
Horarios e prezos:
Modalidade | Horario | 1 semana | 3 semanas |
---|---|---|---|
Sen comedor | 9:00 – 14:15 | 135 € | 375 € |
Con comedor | 9:00 – 15:15 | 175 € | 495 € |
Apúntaste con máis dun fill@? Hai un 10% de desconto a partir do segundo participante da mesma familia.
Lugar: Colexio Fingoi, Lugo
Información e inscricións:
- Correo: secretaria@fingoi.com
- Teléfonos: 982 221 630 | 982 284 094