

Xornada de Portas Abertas
20 de febrero - 17:00h
- Educación Infantil
- Educación Primaria
- Educación Secundaria
- BAC (Artes, Ciencias, Sociais, Humanidades, Xeral)
- F.P.: Infantil, Xestión Administrativa




Colexio FINGOI
Unha educación para a vida
Defendemos a educación por proxectos a través dos ciclos da natureza e da cultura máis próxima, apostando por un modelo laico e construtivista que fomenta a curiosidade e o espírito crítico.



O Colexio Fingoi presenta a 13ª edición do seu festival grecorromano: Fingoi Augusti
O próximo xoves 12 de xuño ás 18:00 h, o Colexio Fingoi celebrará a XIII edición do festival Fingoi Augusti, unha cita xa emblemática dedicada ao mundo grecorromano. Este ano, o evento xirará arredor dunha adaptación teatral propia da Odisea de Homero, titulada A Fingodisea, na que participa todo o alumnado, desde Infantil ata 1º de Bacharelato, nun proxecto multidisciplinar que reflicte a filosofía pedagóxica do centro.
A representación servirá tamén como acto de peche do curso e xornada de portas abertas, aberta a familias e á cidadanía interesada en coñecer o colexio.
Coincidindo co comezo do Arde Lucus, a Fingodisea propónse como un plan perfecto para iniciar unha fin de semana chea de historia, cultura e emoción.

Que diferencia a FINGOI ?
Persoas felices e construtivas
Constituímos un espazo seguro e respectuoso que aposta por unha educación para a vida, unha formación que atende a todos os aspectos da personalidade do alumnado, co fin de conseguir… persoas felices e construtivas.
Buscamos o descubrimento e desenvolvemento pleno das capacidades individuais, respectando sempre as habilidades de cada persoa, así como as súas diferentes maneiras de aprender, entender e achegarse ao mundo.



Modelo pedagóxico propio
Unha educación laica, sen libros de textos e cunha metodoloxía propia. Unha formación que se entende coma un proceso global e integral, onde non soamente é o desenvolvemento intelectual do alumnado o que importa, senón tamén o crecemento emocional e social. Xunto ás familias, somos os seus acompañantes en cada etapa da vida escolar.

Infantil
Adquirindo valores, hábitos e autonomía atendendo o período de adaptación, aos ritmos e rutinas da vida cotiá e ao desenvolvemento emocional e social.

Primaria
Partindo dos intereses do alumnado e da natureza como eixo central conxugamos a aprendizaxe activa e o traballo cooperativo en todas as dimensións educativas.

Secundaria
Priorizamos o método científico e adecuámonos a cada un dos Departamentos Didácticos afianzando as bases académicas e sociais durante a adolescencia.

Bacharelato
Preparación específica, teórica e académica para as probas de acceso á universidade, obtendo o 100% de aprobados na Selectividade, agora coñecida como PAU.

Formación profesional
Ofrecemos formación profesional para obter o Ciclo Superior en Educación Infantil ou o Ciclo Medio de Xestión Administrativa mediante unha metodoloxía construtivista.


Un equipo motivado e dinámico
Profesorado especializado e formado específicamente na metodoloxía de Fingoi. Todo o mundo (dirección, claustro, acción tutorial, departamento de orientación, equipo non docente – comedor, cociña, secretaría, portería, limpeza -) está implicado no modelo pedagóxico do centro, entendendo todos os espazos, didácticos e de convivencia, coma espazos de aprendizaxe.
Que din de nós?




Se tes algunha pregunta sobre o colexio ou queres concertar unha visita ás nosas instalacións, por favor, contacta connosco utilizando o seguinte formulario e un membro do equipo de admisións responderache.
