Colexio privado en Lugo con máis de 75 anos de experiencia educativa.
Fondo Fingoi

Educación Primaria

A EP é a etapa máis longa (6 -12 anos) e fundamental de todos os ciclos educativos, pois constitúe a base para comezar a desenvolver habilidades sociais, competencias académicas e método de estudo.

Desde o 2023 somos Centro de Referencia en Galicia para Prácticas de Excelencia en Educación Primaria segundo a UNIR.

Primaria

En Educación Primaria, sobre a base dos intereses do alumnado organizamos os contidos partindo da natureza e dos cambios producidos polas estacións (contamos con horto escolar e xardín botánico), a través de saídas á contorna máis próxima e á cidade de Lugo e arredores. Entre alumnado e profesorado planificamos cooperativamente os pequenos proxectos que se van desenvolvendo ao longo do curso.

  • Inglés obrigatorio como lingua estranxeira.
  • Dentro do horario lectivo (e todas elas impartidas por profesorado especialista): máis horas de Plástica e Música, e unha hora semanal de Coro e Baile tradicional galego.
  • Uso habitual de TIC´s (recursos audiovisuais e computador) na aula por parte do profesor.
  • Unha hora de asamblea de tutoría para o alumnado.
  • Reunións periódicas coas familias, entrevistas individuais, informes e charlas.
Educación Primaria Colexio Fingoi Lugo
Espiral Colexio Fingoi
Colexio FINGOI asterisco amarillo
Observación directa Traballo por proxectos Saídas e viaxes de varios días Obradoiros heteroxéneos Educación ambiental e artística Desenvolvemento físico e emocional
Observación directa Traballo por proxectos Saídas e viaxes de varios días Obradoiros heteroxéneos Educación ambiental e artística Desenvolvemento físico e emocional

Estratexias metodolóxicas e situacións de aprendizaxe en E.P.

Atención

Pequenos proxectos globalizadores, a partir dos intereses do alumnado e dos acontecementos da contorna.

Obradoiros

Obradoiros flexibles, internivelares e rotativos de Matemáticas, escritura creativa, proxectos solidarios, Ciencia, Artes Escénicas (teatro, música e coro), Plástica e Audiovisuais.

Medio ambiente

Horto escolar, estación meteorolóxica e obradoiros de educación ambiental.

Festas escolares

Festas escolares, con participación activa na preparación e desenvolvemento das mesmas do noso alumnado.

Saídas

Saídas á contorna próxima, para a toma de contacto con institucións e profesionais de servizos, (limpeza, Correos, transportes, sanidade), exposicións, concertos, teatro….

Viaxes e excursións

Viaxes de Estudo por Lugo, pola provincia e por Galicia.

Investigando Modelo Educativo Colexio Fingoi Lugo
Cohete Colexio Fingoi
Colexio FINGOI

Especial atención á formación de persoas investigadoras

A nosa oferta educativa implica unha actitude responsable e proactiva por parte do alumnado que lle conduce ao autoaprendizaje. Cada estudante debe ser o axente principal dentro do seu propio proceso de aprendizaxe para desenvolver a súa vontade, compromiso e disciplina persoal.

O proceso de ensino-aprendizaxe consiste en ir adaptando o proxecto curricular ás características do alumnado e de cada grupo-nivel, tendo en conta os seus saberes previos.

A acción directa do alumnado sobre o medio apóiase na procura e consulta de diversas fontes de documentación e información (libros, prensa, TV, TICS, entrevistas, enquisas…) e facilita estratexias para a recollida de información e a súa aplicación, potenciando o desenvolvemento da súa capacidade investigadora.

Esta forma de aprender é posible polo estilo de ensino e as estratexias didácticas compartidas por todo o profesorado. As programacións, elaboradas polo profesorado e completadas polo alumnado, favorecen un proceso de ensino-aprendizaxe constructivista, utilizando como fonte de coñecementos a contorna natural, rural e urbano do alumnado.

Que din de nós?

Contacto
Contacta con Fingoi

Se tes algunha pregunta sobre o colexio ou queres concertar unha visita ás nosas instalacións, por favor, contacta connosco utilizando o seguinte formulario e un membro do equipo de admisións responderache.

Asterisco Azul