Onte celebramos xunto coa Asociación Escuelas Hantidi un concerto solidario de Nadal coa fin de recaudar donativos para a construción dun tellado nunha escola nas aforas de Bodhgaya (India). Baixo o título “Delas aprendín”, todos os cursos reintepretaron cancións históricas das películas de Disney nas que se transmiten valores como a solidariedade, a caridade, o compromiso e o coidado dos seres queridos… Todas as cancións foron previamente traballadas nas aulas para reflexionar sobre os seus valores e ver como estes evolucionaron ao longo do tempo.
