Colexio privado en Lugo con máis de 75 anos de experiencia educativa.
Fondo Fingoi

Cambio na dirección do Colexio Fingoi

María Seijas y Siña Fernandez Puentes posan delante del mural del logo del colexio Fingoi.

Fai 75 anos, o Colexio Fingoi deu inicio a un ambicioso proxecto de innovación pedagóxica que, adaptándose continuamente á realidade social de cada momento, se foi renovando e mantendo no tempo ata os nosos días baixo a dirección de Asunción Fernández Puentes, “Siña”.

Neste sentido, para garantir a súa continuidade no futuro, comunicámosvos que a partir de agora, a Dirección do centro será asumida pola profesora María Seijas Sanmartín. Con todo, Siña continuará coa xestión empresarial do mesmo.

Ademais, Siña agradece fondamente e de maneira persoal a todos os membros da comunidade educativa a confianza e a colaboración que lle prestaron neste proxecto ao longo de todos estes anos que estivo á fronte do Colexio; confianza e colaboración que agarda e desexa sigamos a manter coa nova Dirección.

Contacto
Contacta con Fingoi

Se tes algunha pregunta sobre o colexio ou queres concertar unha visita ás nosas instalacións, por favor, contacta connosco utilizando o seguinte formulario e un membro do equipo de admisións responderache.

Asterisco Azul
Colexio FINGOI
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións talles como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.