Anunciamos un novo Verán Fingoi!
Este ano a temática será “Viaxe polo Universo”, unha experiencia única pensada para que os nenos e neas de 3 a 12 anos exploren, aprendan e se divirtan descubrindo os misterios do espazo.
Datas: Do 22 de xuño ao 10 de xullo. | Lugar: Colexio Fingoi, Lugo
Este ano, ademais, o noso campamento inspírase en acontecementos moi especiais: celebraremos o aniversario do histórico voo de Yuri Gagarin, coñeceremos a misión Artemis II e exploraremos o fascinante fenómeno do eclipse total.
Ao longo do campamento, realizaremos actividades lúdicas e educativas sobre planetas, estrelas e exploración espacial. A través de xogos, obradoiros creativos e dinámicas en grupo, fomentaremos a curiosidade, a imaxinación e o traballo en equipo.
Será unha oportunidade fantástica para que os nenos e nenas vivan un verán diferente, cheo de aventuras cósmicas e novas aprendizaxes.
Horarios e prezos
| Modalidade | Horario | 1 semana | 3 semanas |
|---|---|---|---|
| Sen comedor | 9:00 – 14:15 | 140 € | 385 € |
| Con comedor | 9:00 – 15:15 | 180 € | 495 € |
Apúntaste con máis dun fill@? Hai un 10% de desconto a partir do segundo participante da mesma familia.
Información e inscriciones:
- Correo: secretaria@fingoi.com
- Teléfonos: 982 221 630 | 982 284 094
- Descargar formulario de inscrición

